TEMPORALIZACIÓN DO CURSO: Nas 12 semanas en que se organiza a materia, a avaliación consiste na realización de 6 tarefas e estrutúrase da seguinte maneira: BLOQUE-1 (introdutorio) da materia: Semanas 01-06, inclusive. - Semanas 01-03, inclusive: FORO-1 (10%). Primeiro foro controlado relacionado cunha determinada parte do temario. - Semanas 01-06, inclusive: TEST-1 (30%). Primeira proba de tipo test relacionada cunha determinada parte do temario. - Semanas 03-06, inclusive: ACTIVIDADE-1 (10%). Primeira parte do proxecto-encomenda, relacionada coa base de datos de programas informáticos e cos aspectos máis básicos (estudo de formatos, soportes, e codificaciones) das tarefas informatizadas do proceso tradutor; todo iso no do ámbito específico da tradución multimedia. BLOQUE-2 (avanzado) da materia: Semanas 07-12, inclusive. - Semanas 07-09, inclusive: FORO-2 (10%). Segundo foro controlado relacionado cunha determinada parte do temario. - Semanas 07-12, inclusive: TEST-2 (30%). Segunda proba de tipo test relacionada cunha determinada parte do temario. - Semanas 10-12, inclusive: ACTIVIDADE-2 (10%). Segunda parte do proxecto-encomenda, relacionada con exemplos prácticos de proxectos relacionados, directa ou indirectamente, co ámbito específico da tradución multimedia. Obviamente, esta temporalización xeral adaptarase ao calendario de cada curso académico. Por circunstancias varias, pode acordarse entre o profesorado docente e o alumnado entregar as tarefas TEST-1 e/ou ACTIVIDADE-1 ao final do curso; pero, en principio, a data de entrega para as devanditas tarefas vai ser a semana acordada de antemán. Non é obrigatoria a realización das 6 tarefas avaliativas; e, para aprobar a materia, bastará con obter un mínimo de 5,0 puntos sobre os 10,0 puntos posibles. SEGUNDA CONVOCATORIA: O estudantado que non supere en primeira convocatoria esta materia, poderá facelo nunha segunda convocatoria, de acordo co calendario oficial da Universidade de Vigo, realizando novamente as 6 tarefas propostas na primeira convocatoria. No caso dos dous foros, a participación avaliativa dos mesmos será substituida por outro tipo de tarefas avaliativas (comentario de artigos de investigación, realización de determinadas tarefas complementarias, etc.). No suposto que algún/nha alumno/a non aprobase o global da materia na primeira convocatoria, pero si fixese algunha das tarefas indicadas na primeira convocatoria, se o desexa, dita tarefa computaralle como "xa realizada e avaliada" para a segunda convocatoria da materia. |