Traballo tutelado |
Cada discente elaborará individualmente dous traballos escritos, seguindo as indicacións do profesor, sobre os puntos 3. e 5. do temario.
Todo o alumnado entregará unha copia en papel e subirá a versión definitiva dos traballos á plataforma Faitic.
Dedicaranse aulas presenciais a explicar a metodoloxía destes traballos. Ó longo do curso farase, tamén na aula, un seguimento deles.
É moi recomendable para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL asistir a algunha destas sesións de aula -fixaranse ó longo do curso-
(se alguén non puider ir a ningunha, deberá acordar unha titoría co docente).
O ALUMNADO NON PRESENCIAL recibirá tirorías e sesións virtuais seguindo as canles establecidas pola UVigo. |
Resolución de problemas |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL E NON PRESENCIAL disporá na plataforma Faitic das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas. |
Lección maxistral |
Nestas sesións, o docente exporá os contidos da materia, bases teóricas e lecturas relacionadas con elas, directrices ou explicacións a partir dos exercicios prácticos. Aconséllase levar os contidos da materia ó día.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL E NON PRESENCIAL disporá na plataforma Faitic dos materiais necesarios para preparar todos os contidos que se desenvolvan. Empregaranse, para iso, ficheiros en formato pdf (por veces o profesor tamén os poderá enviar por correo electrónico). |