A materia concíbese como un espazo didáctico en que o alumnado deberá alcanzar competencia na tradución de textos especializados dos ámbitos científico e técnico do inglés cara ao español. Enténdese que o alumno está familizarizado cos principios metodolóxicos básicos da tradución e que posúe un coñecemento excelente das linguas de traballo.