Resolución de problemas de forma autónoma |
Pertencen a este apartado os dous encargos de tradución que se han de realizar, un do ámbito xurídico-administrativo, outro do ámbito económico. |
40 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C8 C11 C12 C14 C17 C18 C21 C22 C24 C25 C27 C30 C32 C33
|
D2 D10 D12 D14 D15 D17 D18 D22 D23 D24
|
En ocasións puido constatarse unha acentuada discrepancia entre o rendemento na aula dalgún estudante e a calidade dos correspondentes encargos de tradución ou o resultado do exame. En casos como este, o docente realizará calquera comprobación pertinente para poder valorar adecuadamente os coñecementos e capacidades do estudante. Outros comentarios: Os envíos (traducións, prácticas, etc.) e as entregas, sexan en formato papel ou por correo electrónico, deben estar identificados nominalmente e sempre da mesma forma (apelidos, nome): aqueles que non o estean non se aceptarán nin se terán en conta. Dúas ou máis faltas de ortografía (entre as que se inclúen os acentos) e/ou dúas ou máis oracións carentes de sentido poden ser motivo de suspenso do exame. Contabilízase tamén como erro grave a falta de coincidencia de sentido respecto ao orixinal, especialmente cando isto se dá de forma reiterada. A valoración dos exames e encargos obedece, emulando a práctica profesional, ás seguintes cualificacións: aceptado (igual ou maior de nota numérica 5), non aceptado (menor de 5), necesitado, para ser aceptado, de correccións (cando, sendo menor de 5, os erros non son graves, no caso dos encargos). Así pois, unha tradución, ou unha paráfrase, aceptable é aquela cuxo contido responde esencialmente e en gran medida ao TO e que non presenta erros ortográficos, de concordancia, de puntuación, anacolutos ou oracións carentes de sentido. Unha tradución aceptable é aquela que responde ás esixencias dun hipotético cliente, que paga por ela. En todo caso, valórase a tradución, ou paráfrase, no seu conxunto, non mediante "puntos" de dedución en relación cos erros. Os exames realizaranse nas datas oficiais previstas para tal efecto. Se algún estudante non pode, por forza maior, participar na avaliación continua, poderá presentarse a un único exame na data sinalada. Aos estudantes que opten pola avaliación continua respectaránselles as cualificacións parciais, isto é, aquelas que non son resultado do exame final. Sobre a revisión dos exames: a revisión dos exames realizarase, salvo impedimento de forza maior, que haberá de acreditarse documentalmente, única e exclusivamente na data sinalada. A revisión consiste, como o seu nome indica, en repasar os fallos detectados no exame, contemplar as causas e sinalar posibilidades de mellora. En ningún caso se entrará nun "regateo" de fallos ou notas. Aquel/aquele estudante que, feita a revisión, siga sen estar de acordo coa cualificación obtida ten á súa disposición os canais de reclamación previstos, dos cales se lle informará no Decanato. Non se atenderán, salvo en casos excepcionais e xustificados, requirimentos de revisións por medio de correo electrónico ou análogos. Sobre o desenvolvemento das clases: enténdese que as clases de universidade constitúen unha actuación intensa de aprendizaxe, individual e colectiva; por esta mesma razón, non se permite durante o desenvolvemento das clases a consulta de medios sociais a través de internet (WhatsApp, Facebook e semellantes) ou a consulta do correo electrónico; o/a estudante é libre de abandonar as clases no momento que desexe; por ese mesmo motivo, non se permite o estorbo do que se considera un normal desenvolvemento da aprendizaxe. Anímase, de forma especial, a que o/a estudante participe de forma activa no desenvolvemento do proceso de aprendizaxe, expresando as súas dúbidas e achegando comentarios. Especialmente benvida é a crítica construtiva, que pode ser todo o incisiva que se queira sempre que se manifeste de forma argumentada, respectuosa e educada, pois as saídas de ton non son admisibles nun ámbito universitario, calquera que sexa a causa ou quen queira que sexa o destinatario das mesmas. Considérase que a guía docente da materia ten un carácter orientativo, pois a heteroxeneidade dos cursos e, dentro destes, a variedade en coñecementos, habilidades e destrezas aconsella flexibilidade co fin de alcanzar da mellor maneira posible os obxectivos. Así pois, en función das circunstancias, o programa da materia pode sufrir ou experimentar cambios en calquera momento, os cales se comunicarán oportunamente. Realizarase un exame de avaliación única en primeira convocatoria. O exame constará na tradución dun texto xurídico/administrativo e un texto de carácter económico. En canto ás competencias que se avalían, estas están relacionadas coa capacidade do estudante de comprender un texto de carácter administrativo/xurídico ou económico en alemán e de reproducir o mesmo de forma correcta en español. O exame de xullo terá as mesmas características que o de maio. Sobrenténdese que non está permitido copiar nin plagiar. |