É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Moovi, así como informarse sobre as datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. Penalizarase o uso de ferramentas de tradución automática sen autorización expresa do profesorado. Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asidua e participativa ás aulas. É obrigatorio cumprir coas esixencias da resolución de problemas de forma autónoma e da presentación. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o estudante deberá comunicarllo á docente por escrito nas tres primeiras semanas de clase por correo electrónico. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...), a/o estudante non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o estudante que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. O exame constará de un exercicio de tradución de 2 textos de 200 palabras cada un; os textos serán do ámbito administrativo e económico. Entregarase obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o formato esixido. Este exame realizarase no último día de clase. Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única (convocatorias de maio e xullo)
O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas establecidas pola FFT. O exame constará dun exercicio de tradución de 2 textos de aprox. 200 palabras cada un; os textos serán do ámbito administrativo e económico. Este exame final poderá incluír, así mesmo, cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A tradución e os exercicios resoltos entregaranse obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o formato esixido. Para a elaboración da tradución poderase facer uso das fontes de información en formato papel así como das dispoñibles en internet. Para superar a materia é necesario aprobar a tradución dos dous apartados do exame, o administrativo e o económico. No caso de suspender unha parte, a/o estudante examinarase de novo unicamente da parte suspensa. O exame constará na tradución dun texto do ámbito administrativo e un texto de carácter económico. Penalizarase a copia e o plaxio. En caso de suspenso na primeira oportunidade (maio), o alumnado poderá acollerse á modalidade de avaliación única de xullo. |