Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. As metodoloxías descritas no cadro e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua. No entanto, se algunha persoa, por motivos xustificados, non pode asistir a clase, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN CONTINUA: - Entregar dentro do prazo establecido o 100% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Todas as tarefas deberán estar completas para que conten como entregadas. Para o desenvolvemento das probas prácticas permítese o uso de apuntamentos e medios impresos pero non medios telemáticos. ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN ÚNICA: A avaliación do estudantado que non se acollese ao sistema de avaliación continua consistirá na realización dunha tradución do inglés ao español dun texto dunhas 400 palabras, que suporá un 40% da cualificación da materia, a resposta a unhas preguntas breves sobre a materia, que suporán o 30% da nota, e unha encomenda específica de tradución que se recibirá o día do exame e que deberá ser entregada nun prazo máximo de 48 horas (30% da nota). O exame de maio realizarase na data oficial fixada polo decanato. Calquera cambio notificarase a través da plataforma Moovi. SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO) PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba de contidos sobre a materia, que incluirá preguntas breves (30%). 2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300-350 palabras) do inglés cara ao español (40%). 3. Encomenda específica de tradución que se recibirá o día do exame e que deberá ser entregada nun prazo máximo de 48 horas (30%) Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos e materiais impresos pero non de medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se permitirá o uso de ningún destes recursos. EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE CO ESTUDANTADO QUE NON SUPERASE UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA NO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA CONVOCATORIA. PARA SUPERAR A MATERIA O ESTUDANTADO DEBERÁ OBTER POLO MENOS A CUALIFICACIÓN DE APROBADO (5) NAS TRES PARTES DA PROBA. En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterá a cualificación de suspenso o estudantado que: - Cometa máis de dúas faltas de ortografía ou erros gramaticais. - Incurra en plaxio total ou parcialmente. O estudantado ten dereito, se o solicita, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinada noutra data. |