Esta materia, de carácter eminentemente práctico, ten por obxectivo que o alumnado consolide as técnicas e competencias fundamentais de interpretación consecutiva entre inglés e castelán. Así, espérase que ao longo do cuadrimestre o alumnado sexa quen de:
• Desenvolver as capacidades de escoita activa, memoria, análise e síntese do discurso, competencia estratéxica e resolución de problemas.
• Dominar as técnicas fundamentais de toma de notas e oratoria, con especial atención á fluidez, naturalidade, corrección e capacidade comunicativa da expresión oral nas linguas A e B.
• Aumentar a súa cultura xeral, ser quen de documentarse e prepararse para interpretar entrevistas e discursos especializados sobre un tema dado.
• Interpretar con profesionalidade, na modalidade de consecutiva, discursos complexos e especializados entre as súas linguas A e B.
• Facer de mediador(a) lingüística/o e cultural entre falantes das linguas B e A nun contexto profesional.