Presentación |
Exposición oral en francés de 10-15 minutos (aproximadamente) que realizará o alumnado por grupos sobre temas indicados polas docentes. Debe entregarse ademais un podcast que se elaborará segundo as indicacións que se darán a comezos de curso.
Os contidos das presentacións e especialmente os do podcast formarán parte dos contidos da lección maxistral (contidos téoricos) e que serán obxecto de probas específicas de control |
Resolución de problemas |
Realizaranse traducións inversas e directas que deberán prepararse con antelación e corrixiranse en clase. Esta práctica servirá de preparación para os encargos e exames es de tradución.
É necesario estar ao día dos contidos teóricos para poder realizar con éxito as traducións. |