Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividades de entrega sobre contidos impartidos durante o curso. Probas individualizadas presenciais (tradución). Se a entrega non ten un mínimo de calidade, terá unha penalización de 0,4 na cualificación final.
Todas as tarefas faranse en inglés.
40 C3
C4
C8
C10
C18
C22
C24
C30
C32
D4
D6
D7
D9
D17
D22
D23
Práctica de laboratorio Encomendas presenciais de tradución individuais en inglés. As datas serán fixadas pola docente ao longo do curso e publicadas en Moovi. 40 C2
C3
C4
C8
C9
C11
C12
C17
C18
C22
C24
C25
C27
C30
C32
D4
D6
D7
D9
D10
D13
D14
D16
D17
D19
D22
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Tradución de dificultades: elaboración de 2 glosarios bilingües. Traballo presencial. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia impartirase en inglés.

As datas das probas serán fixadas pola docente ao longo do curso e publicadas en Moovi.   

O alumnado de avaliación continua ten que entregar, en prazo e na aula, TODAS as tarefas solicitadas pola profesora. En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobado/a será acadada por quen supere todas e cada unha delas.

A proba de avaliación única (o alumando que escolla acollerse a esta modalidade de avaliación deberá comunicalo por correo electrónico á docente antes de 29 de setembro de 2023) será nas datas oficiais establecidas no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. A parte teórica versará sobre as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade. O alumnado terá que redactar esta parte en inglés. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto ou de varios textos que siga a tipoloxía dos contidos da materia. O alumnado poderá utilizar material de consulta (dicionarios ou glosarios), pero non fontes telemáticas. O alumnado terá que superar as dúas partes da proba para facer media. A teoría suporá o 30% do exame e a práctica o 70%.

O baremo é o mesmo ca o empregado na materia Tradución LA1-LA2 (de primeiro cuadrimestre).

En todas as probas e tarefas, catro erros gramaticais serios implicarán un suspenso (3,5/10).

Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios (totais ou parciais), a cualificación será 0.

Os termos de esixencia máxima para a avaliación aparecen detallados nesta guía docente. Con todo, a docente poderá suavizalos en función do seu criterio académico.

A data de revisión opcional de probas e exames indicararse a través de Moovi e será presencial. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000