Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) |
Incluído dentro do traballo tutelado |
0 |
|
|
|
|
Práctica de laboratorio |
Realización de dúas probas finais:
1 - Proba de Tradución a vista con texto do francés ao castelán. (35% da nota)
2 - Proba de Interpretación simultánea sen texto do francés ao castelán sobre o mesmo tema ou texto empregado na proba nº1 (35% da nota).
Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas
- contidos: coherencia intra e intertextual
- produción: expresión oral, rexistro, fluidez e prosodia.
- expresión: gramatical e léxico
Non acabar as probas, saltar, engadir ou non acabar unha frase implicarán suspender a proba. |
70 |
|
|
C17 C18 C21
|
D4 D6 D7 D8 D9 D14 D16 D18
|
As/Os estudantes que desexaren acollerse á modalidade de avaliación continua deben comunicalo ao profesor ou á profesora cunha anterioridade máxima dun mes previa á data do exame final. A avaliación contínua constará dunha proba final obrigatoria e dunha nota de avaliación continua en función da participación nas aulas. Independentemente da eventual nota parcial de avaliación contínua, é imprescindíbel obter unha puntuación mínimo de 5 sobre 10 na proba final de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados. Manténse a nota de avaliación continua dunha edición para a seguinte dentro da mesma convocatoria. Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que non cumpriren os requisitos estipulados para optaren á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nunha proba de interpretación simultánea (francés e español) identica e na mesma data e horario que a proba práctica para o alumnado de avaliación continua, coa diferenza de que valerá a totalidade da nota final. Tanto no caso da avaliación continua como da única, nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba. Data do exame final: Segundo o publicado no calendario oficial. A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións que a primeira.
|