Práctica de laboratorio |
Realización de dúas probas:
Unha tradución á vista obrigatoria con texto e preparación previa inglés-galego (35%)
Unha interpretación simultánea obrigatoria sen texto e sen prepararción previa inglés galego, continuaicón do texto preparado anterior (35%)
Cada proba vale 35% da nota final.
É obrigatorio aprobar a primeira proba (tradución á vista).
Á nota correspondente a esta parte sumarase, no seu caso, as notas acadadas na segunda proba (interpretación simultánea) e a da avaliación continua.
A nota de avaliación contínua só se suma non é compensatoria, isto é non fai media coa nota de práctica, senón que se suma a esta só no caso de se superar a parte práctica (cunha nota mínima de 5/10).
Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:
1. Técnica
2. Contidos
3. Expresión
4. Corrección lingüística
Non rematar a proba ou deixar calquera elemento sen acabar implicarán suspender a proba no seu conxunto para alén de calquera outra consideración.
|
70 |
A2 A3 A4
|
|
C1 C4 C13 C17 C21 C22 C27 C30 C33
|
D1 D4 D9 D22
|
As/Os estudantes que desexaren acollerse á modalidade de avaliación continua deben comunicalo ao profesor ou á profesora cunha anterioridade máxima dun mes previa á data do exame final. Independentemente da eventual nota de avaliación contunua, é imprescindíbel obter unha puntuación mínimo de 5 sobre 10 na primeira proba de tradución á vista con preparación previa para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados. Manténse a nota de avaliación continua dunha edición para a seguinte dentro da mesma convocatoria Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que non cumpriren os requisitos estipulados para optaren á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nunha proba de tradución á vista con texto e outra de interpretación simultánea sen texto (inglés e galego) identica e na mesma data e horario que a proba práctica para o alumnado de avaliación continua, coa diferenza de que valerá a totalidade da nota final. Tanto no caso da avaliación continua como da única, nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba. Data do exame final: Segundo o publicado no calendario oficial. A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións que a primeira. |