É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI ou do Campus Remoto e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.
AVALIACIÓN CONTINUA:
A docencia desta materia organízase en 2 grupos teóricos e 3 grupos prácticos. A adscrición a cada grupo presencial determinarano as docentes, segundo a combinación lingüística e a orde alfabética, e debe respectarse na medida do posible durante todo o curso.
O alumnado deberá entregar unha ficha de clase nas primeiras semanas do curso para manifestar así a súa decisión de acollerse á avaliación continua. A data límite de entrega de ficha será a primeira semana de outubro de 2024, salvo excepción xustificada ante as docentes. Se non o fai nese prazo entenderase que renuncia a ela. En todo caso, para poder acollerse a esta modalidade, tamén é necesario entregar TODAS as tarefas e actividades nos prazos indicados. Enténdese que para seguir a avaliación continua cómpre asistir a clase regularmente e realizar as actividades de aula. O alumnado que por motivos laborais ou de saúde non poida asistir a todas as clases presencialmente deberá comunicarllelo ás profesoras, para que poidan comprobar a realización das actividades de aula.
Para superar a materia mediante o sistema de avaliación continua, a nota de cada unha das partes deberá ser igual ou superior a 5/10.
AVALIACIÓN ÚNICA:
No caso de non optar por avaliación continua, o alumnado poderá presentarse ao exame final de avaliación única e, ademais, ten que entregar tamén o traballo tutelado (dicionario). A data desa proba será a do exame oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Ambas as probas suporán o 100% da materia e terá lugar nas datas que se indiquen oficialmente e que se publicarán tamén na plataforma. O exame constará das seguintes partes: a) Proba teórica tipo test ou resposta curta (30 %) b) Proba práctica (30 %) c) Traballo individual tutelado consistente na elaboración dun dicionario terminográfico (40 %) que se entregará de modo previo á realización do exame nas data oficiais. É igualmente necesario aprobar cada unha das partes (probas e dicionario) cun 5/10 para superar a materia.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:
No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse ao exame da 2ª convocatoria, que suporá o 100% da nota, salvo indicación en contrario da docente. Esta proba realizarase nas mesmas condicións que a avaliación única (exame teórico e práctico e entrega de dicionario elaborado previamente) e terá lugar nas datas oficiais do Calendario de Exames aprobado en Xunta de Facultade. É igualmente necesario superar cada unha das partes (probas e dicionario) cun 5/10 para superar a materia.
Independentemente do sistema de avaliación elixido, quen incorra en plaxio ou copia total ou parcial (incluída IA) NON SUPERARÁ a materia ao supoñer un 0 na cualificación do traballo, tarefa ou proba plaxiada. |