A Xosé Manuel Dasilva Fernández (8 horas) correspóndelle
cualificar sobre 1,67 puntos. A Ana Hermida Ruibal (40 horas) correspóndelle
cualificar sobre 8,33 puntos. Estes son os comentarios de avaliación relativos a Xosé
Manuel Dasilva Fernández: O estudantado que escolla o sistema de avaliación continua
realizará un traballo de tradución, cuxo valor máximo será 1,67 puntos, a
partir dunha proposta textual do docente. Alén diso, existe un sistema de
avaliación única, destinado ao estudantado que non se acolla ao sistema de
avaliación continua para a convocatoria da primeira edición de actas e a todo o
estudantado para a convocatoria da segunda edición de actas, consistente nun
exame con exercicios de tradución relativos aos contidos do programa, con
posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos en formato
papel. As datas do devandito exame da convocatoria da primeira edición de actas
e da convocatoria da segunda edición de actas serán fixadas no calendario de
exames aprobado en Xunta da FFT. Expóñense os criterios de avaliación referentes a Ana
Hermida Ruibal: Existen dúas modalidades de avaliación. Na avaliación
continua o estudantado dispón da posibilidade de ir superando a materia por
medio da avaliación de traballos e encargos realizados ao longo do curso. No
caso de non entregar nas datas indicadas algún dos encargos correspondentes, a
nota dese traballo será 0. É obrigatorio entregar en Moovi todos os traballos
que se foren corrixindo na clase, mesmo que non conten directamente para nota. Na segunda modalidade de avaliación (única), o
estudantado dispón da posibilidade de dar conta da materia por medio dunha
proba (70 % da nota) e da elaboración dun traballo da obra que se indicou ao
comezo da materia (30 %). A proba que se realizará na convocatoria de
xuño-xullo consistirá nunha tarefa de tradución (70 % da nota) que se
desenvolverá na data indicada no calendario de exames da FFT e a entrega do
traballo do libro indicado (30 %) no mesmo prazo. |