Lección maxistral |
As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |
Resolución de problemas |
Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
|
Traballo tutelado |
Inclúese neste apartado un traballo de entrega obrigatoria que verserá sobre un aspecto de cultura e civilización dun país xermanófono. Este traballo, que se fará individualmente, deberá ser exposto na aula. Entregarase, ademais, un resumo dos resultados ou aspectos máis importantes do estudo. O resumo quedará ó dispor das/dos compañeiras/os nas TIC. Durante as horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
A/O alumna/o ten que consensuar o tema deste estudo coa profesora. |
Presentación |
O alumnado fará unha exposición oral (15-20 min) do traballo realizado; haberá quenda de preguntas e debate. |
Prácticas con apoio das TIC |
Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos, de análise textual ou de aspectos contrastivos.
Inclúe así mesmo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía exhaustiva que estará ó dispor do alumnado en Moovi e a bibliografía de lectura obrigatoria. |