O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito á docente nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre por cal deles opta. Avaliación continuaO alumnado que siga o sistema de avaliación continua deberá seguir as indicacións do apartado anterior. O alumnado que non supere a avaliación continua mediante as actividades referidas poderá realizar a proba correspondente á segunda edición de actas na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. Avaliación únicaO alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para recibir as condicións de avaliación. A proba abranguerá todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 20% da nota da materia) como prácticos (o 80% da nota). O alumnado de avaliación única que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. Segunda edición de actasO alumnado que non supere a avaliación mediante as actividades referidas poderá realizar a proba correspondente á segunda edición de actas na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. O alumnado que queira presentarse deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para recibir as condicións de avaliación. A proba abranguerá todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 20% da nota da materia) como prácticos (o 80% da nota). O alumnado de segunda convocatoria que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. Directrices para o seguimento da materiaA copia ou plaxio nas tarefas ou probas terá como consecuencia unha cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste respecto. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma Moovi, así como estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. Dominio do idiomaEsta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do inglés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do seu idioma 1. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español. |