Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Realización, presentación e defensa dunha tradución.
A avaliación realizarase segundo os criterios especificados na matriz correspondente.
30 A2
A3
A4
A5
C4
C8
C10
C14
C17
C18
C21
C22
C25
C27
D4
D5
D7
D9
D10
D14
D18
Aprendizaxe colaborativa Participación e realización das actividades e tarefas de clase. 10 A2
A3
A5
C8
C18
C21
C22
C25
C27
C32
C33
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D18
Resolución de problemas Realización dunha proba de revisión, corrección e outros aspectos relacionados coa tradución profesional. 20 A1
A2
A5
C1
C2
C3
C4
C18
C21
C22
C27
C33
D4
D6
D8
D9
D10
D14
D18
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dunha ou varias probas de tradución presencial. 40 A1
A2
A3
A5
C1
C2
C3
C4
C8
C14
C17
C18
C21
C22
C25
C27
C32
C33
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D14
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación: continua e única. Estes son incompatibles e cómpre optar por un ou outro nas primeiras sesións.
Para acollerse á avaliación continua é preciso participar nas actividades da materia e realizar as probas e encargas correspondentes. As metodoloxías descritas na sección "Avaliación" desta guía docente fan referencia á avaliación continua.

A avaliación continua engloba a avaliación formativa na clase (proba diagnóstica, debate sobre solucións, erros e estratexias de tradución, corrección de textos...) e a avaliación sumativa que se desglosa da seguinte maneira:

1) Realización, presentación e defensa dunha tradución (30%).
2) Proba(s) presencial de tradución (40%).
3) Proba presencial de revisión, corrección e outros aspectos relacionados coa tradución profesional (20%).
4) Participación e realización das actividades e tarefas de clase (10%)

É responsabilidade do estudantado estar ao tanto das novidades relativas á materia así como das datas nas que as probas e tarefas de avaliación teñen lugar. Debido ao carácter práctico da materia e á necesidade de aprendizaxe progresiva, recoméndase a asistencia á clase, se ben esta non é obrigatoria. En calquera caso, para a avaliación continua, informarase das encargas e probas na clase, espazo de comunicación e aprendizaxe principal da materia.

A avaliación única e a segunda convocatoria consistirán nun exame presencial (60%) e nunha encomenda de tradución xustificada (40%). O exame consistirá na realización de tarefas e avaliación de coñecementos relacionados coa tradución profesional de inglés a galego.

Aquel(a) estudante que desexe presentarse á avaliación única ou á segunda convocatoria deberá poñerse en contacto coa docente un mes antes da finalización das clases (no caso de avaliación única) ou da data oficial de exame (no caso da segunda convocatoria) para informarse sobre as características da encarga de tradución xustificada, que deberá entregar no día da proba de avaliación presencial (única ou segunda convocatoria).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000