Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, revisións de traducións, controis de lecturas de textos académicos, ou outros que propoña a docente. A efectos de avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a entrega de polo menos tres traballos para a súa corrección e avaliación.
20 C1
C2
C4
C17
D2
D7
D17
D22
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realizará individualmente un encargo de tradución (20%) que reproduce situacións reais da actividade profesional.
Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula.
O encargo de tradución defenderase oralmente en datas do período de exames que se fixarán entre a profesora responsable e o alumnado. Esta defensa consistirá na argumentación, xustificación e explicación de solucións e opcións de tradución, e das fontes usadas para isto.
Corrección/revisión dunha tradución (20%) de 400-500 palabras (unha hora). Pódense usar medios electrónicos. Realizarase ben o día da data do exame oficial ou nas últimas sesións de clase. En todo caso fixarase de común acordo entre a profesora e o alumnado.
40 C1
C2
C4
C17
D2
D7
D15
D17
D22
Práctica de laboratorio Realizaranse dúas probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba).
A primeira terá lugar a terceira semana de marzo, e a segunda, denominada proba final, o día sinalado no calendario de exames da convocatoria de maio da FFT.
a) So se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. Non se poderá empregar o computador nin calquera outro dispositivo electrónico.
b) A nota deste apartado será a media entre ambas as probas.
A nota deste apartado será a media entre ambas as probas sempre que a segunda obteña polo menos unha cualificación mínima de 5/10
Se a segunda proba obtén unha cualificación superior polo menos un (1) punto que a primeira, entón só contará a segunda nota para calcular a porcentaxe.
40 C1
C2
C4
C17
D2
D4
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


É responsabilidade do alumnado consultar os materiais
e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas 
de entrega de traballos, probas, etc.



De acordo coa normativa da Uvigo respecto da
avaliación de traballos, encargos, etc:  se se detéctase que estes (ou
algunha dos seus partes) son plaxios ou non son de autoría propia, a 
cualificación dos mesmos será 0. Considérase plaxio o uso de programas de
tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas
correccións. Alegar descoñecemento destas cuestións non eximirá o alumnado da
súa responsabilidade en relación coas mesma
s.



 



AVALIACIÓN CONTINUA



1- O alumnado deberá informar o profesorado nas
dúas primeiras semanas de clase a súa  decisión de acollerse a avaliación
continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.



2- Aquelas persoas que por motivos de traballo
ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á
profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a
conciliación laboral e familiar.



3- O non entregar os encargos ou non realizar
algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a
anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. O alumnado terá que
presentarse á convocatoria única.



4- O alumnado que se acolla á avaliación
continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á
convocatoria extraordinaria de xullo na data de exame publicada polo decanato.



a) Si ten unha nota media superior a 5 nos dous
apartados: Encargo de tradución
(20%) e Revisión de tradución (20 %), só
deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro.



b) Si non se ten unha nota media superior a 5 nos dous
apartados: Encargo de tradución (20%) e Revisión de tradución (20 %)
terá
que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:



1. Tradución
con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Só se poderá usar documentación en
papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Se
permitirá unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos
propios ou similares.



2. Revisión
de tradución: 40% da nota. Se permitirá o uso de fontes electrónicas. Se poderá pedir ademais
argumentación oral das correccións introducidas nunha data que se fixará de
común acordo entre alumnado e profesora.



No caso b) a nota mínima da tradución con
tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non
alcanzar esta nota, non se contará a revisión da tradución e a nota final será
a do exame con tempo limitado.



CONVOCATORIA ÚNICA (XANEIRO E XUÑO)



O alumnado que non se acolla á avaliación
continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores se presentará na
data oficial do exame (xaneiro ou xuño segundo corresponda) de xaneiro
publicada polo decanato a unha proba que consistirá en:



1.Tradución
con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente se poderá usar
documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o
computador. Se permitirá unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de
apuntamentos propios ou similares.



2. Revisión
de tradución (1 hora) que se realizará na data oficial do exame: 40 % da nota.
Se permitirá o uso de fontes electrónicas. Se poderá pedir ademais a argumentación
oral das correccións introducidas nunha data que se fixará de común acordo
entre alumnado e profesora.



A nota
mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes
será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará a revisión de
traducción e a nota final será a do exame.



ALUMNADO
ERASMUS



Esta materia
non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase que o
alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.



Para poder
cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español.



Non se
recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que:



1. Non teña
como primeira ou segunda lingua de traballo o español.



2- Non curse
estudos de linguas ou traducción. 



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000