Av. única
Exame final práctico (40 %)
Encarga (para entregar unha semana despois da data do exame) (40 %)
Exame sobre lecturas (20 %)
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
Corrección lingüística
Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame.
Teledocencia
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
IMPORTANTE:
A bibliografía recomendada, así como as lecturas obrigatorias estarán en Moovi a disposición do alumnado presencial e non presencial.