Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades para tomar contacto co alumnado e para presentar a materia (obxectivos, contidos, actividades e avaliación).
Lección maxistral As sesións maxistrais destinaranse a presentar o marco profesional da tradución dende o francés cara ao galego, a relembrar o proceso de tradución e a expoñer as bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que deberá desenvolver o alumnado. Malia tratárense de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e apoiaranse en material práctico.
Resolución de problemas Formularanse situacións e/ou exercicios de tradución relacionados coa materia e traballarase na resolución das dificultades que estes presenten. Tamén se proporán exercicios aplicados á teoría abordada durante as sesións maxistrais.
Obradoiro Os obradoiros son a principal ferramenta diagnóstica. Neles proporanse traducións dirixidas, co fin de comprobar a competencia tradutora do alumnado. Ao mesmo tempo, as traducións dirixidas permitirán familiarizarse co método de traballo e de avaliación docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000