Esta materia parte dun nivel medio, o que permite unha profundización dos coñecementos gramaticais, léxicos e culturais así como tamén un maior dominio das competencias orais. Darase especial atención á profundización da ""Landeskunde"" dos países xermanofalantes e á ampliación do léxico e da terminoloxía especializada (comercio, dereito, economía). Farase fincapé na progresión das destrezas orais e da tradución inversa. Ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel A2.2. segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.