Recomendamos o estudo continuado da materia, a consulta da gramática recomendada para realizar os exercicios prácticos e a autocorrección, consultar tamén a plataforma Moovi. O nivel recomendado para seguir as clases é un nivel C1 consolidado.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.