1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Avaliación continua: É obrigatorio realizar e entregar no prazo estabelecido as probas marcadas na avaliación. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán. A cualificación na primeira edición de actas dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso. Para superar a materia será necesario obter como mínimo un 4,75 (sobre 10) en total. Avaliación única: Neste caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar ao final do cuadrimestre, na data fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade e publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá na primeira edición das actas coa data na que se realizará o exame para os discentes que opten pola avaliación continua. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito á asistencia. Recoméndase ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024) Na segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Os alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas da exposición oral e do traballo escrito. O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario. Tanto no exame coma no traballo escrito e no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. |