Ferramentas para a tradución e a interpretación III: Terminoloxía/V01G230V01518
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Español/V01G230V01102
Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Español/V01G230V01202
Outros comentarios
Utilizarase a plataforma Moovi (http://faitic.uvigo.es) como contorna de comunicación virtual e colectiva. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da devandita plataforma e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar ou teñen que entregarse.
Téñase en conta que a copia ou o plaxio (xa sexa total ou parcial) nos traballos solicitados ou no exame suporá a súa anulación directa. Ademais, no proceso de avaliación, non só prestarase atención á pertinencia e a calidade do contido dos traballos, senón tamén á súa corrección lingüística.
Os recursos bibliográficos achegados pola profesora (todos eles dispoñibles na biblioteca) durante as clases serán capitais para poder superar con éxito os traballos que se deberán realizar.