É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc.
O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade. AVALIACIÓN CONTINUA 1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. Terá entón que presentarse á convocatoria única 4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data de exame publicada polo decanato. a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (40%) e Traballos de aula (20 %), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro. b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (40%) e Traballos de aula (20 %) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación: 1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. 2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo (tradución, comentario e/ou preguntas sobre a tradución) nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota No caso b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado. CONVOCATORIA ÚNICA (XANEIRO E XUÑO) O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (xaneiro ou xullo segundo corresponda) de xaneiro publicada polo decanato a unha proba que consistirá en: 1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. 2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo (tradución, comentario e/ou preguntas sobre a tradución) nun máximo de 7 días naturais: 40 % da nota. A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame. ALUMNADO ERASMUSEsta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo. Para poder cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español. Non se recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que: 1. Non teña como primeira ou segunda lingua de traballo o español. 2- Non curse estudos de linguas ou tradución. |