Tanto
na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación única os
distintos exercicios e exames poderán realizarse a través da plataforma de
teledocencia Moovi (https://moovi.uvigo.gal/), da plataforma de exames
BeA ( https://bea.det.uvigo.es), ou da
plataforma do Programa de xestión de memorias de tradución Phrase ( https://www.phrase.com/). AVALIACIÓN CONTINUA Para beneficiarse do réxime de
avaliación continua será preciso ter como mínimo un 80 % de presencialidade,
responder activamente ás tarefas individuais e colectivas que suxira o equipo
docente ó longo do curso e entregar todos os traballos das probas dentro dos
prazos correspondentes. Se por circunstancias xustificadas, por exemplo
laborais ou de saúde, non é posible cumprir co requisito da presencialidade, o
equipo docente tratará de propoñer estratexias de aprendizaxe alternativas. O módulo común avalíase mediante un
traballo individual ou grupal en forma de estudo de casos (10 %) e dúas probas
escritas individuais ou grupais de resolución de problemas de forma autónoma (20 %
+ 20 %). O módulo combinado de inglés e de
francés avalía as competencias demostradas en estudos de casos (5 %) e na actividade
nos foros de discusión (5 %), e propón un exame final de resolución de
problemas (40 %) para os grupos de inglés, e dúas probas parciais non
presenciais de resolución de problemas (15 % + 25 %) para o grupo de
francés. CONVOCATORIA ÚNICA
As convocatorias únicas de maio-xuño e de xuño-xullo de 2025 consistirán en
dúas probas, unha delas non presencial para o módulo común e outra presencial
para o módulo combinado, inglés e francés. O módulo común avaliarase mediante
un exercicio de resolución de problemas (50 % da nota final). O prazo de
entrega desa proba comunicarase o día da data do exame de convocatoria única. O
módulo combinado avaliarase mediante un exame de resolución de problemas (50 %
da nota final). A copia ou plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa
responsabilidade neste aspecto. Con respecto á corrección dos exames e
exercicios, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ao
dominio das normas ortográficas e morfolóxicas das linguas galega e española. Tres
erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame ou
exercicio. |