Saber cales son os criterios que definen unha actuación pertinente, relevante e oportuna dentro da situación profesional, como afastarse deles e que consecuencias terá esa decisión.
Nesta materia, o alumnado iníciase por primeira vez aos aspectos xerais da tradución. Entre as subcompetencias derivadas desta, figuran as que lle permiten iniciarse á análise e ao estudo dos textos para a súa tradución, como son comezar a aplicar nocións teóricas á práctica da TI, adquirir ferramentas de análise textual crítica, aprender a evitar os principais erros ou iniciarse ao emprego de fontes documentais. |
A1 A2 A3 A4
|
|
C1 C2 C3 C4 C12 C21 C22 C27
|
D1 D7 D8 D9
|
Dominar os mundos textuais e non-textuais das culturas coas que se traballa, as distintas convencións sociais e, sobre todo, o rol do tradutor entre elas.
Para acadar esta competencia nas clases da materia, cómprelle ao alumnado:
-Recoñecer o ser humano como principal axente e obxecto do estudo da TI.
-Concibir tanto a tradución como a interpretación como dinámicas propias do intercambio simbólico e económico entre calquera sistema, ao tempo que adquire nocións históricas e sociais do oficio da TI.
|
A1 A2 A3 A4
|
|
C1 C2 C3 C4 C12 C17 C24
|
D4 D9
|
Aprender a traballar en equipos de carácter transdisciplinar. A persoa profesional da tradución e da interpretación é un ser social cuxo oficio consiste precisamente en garantir que un ben (xeralmente un texto) circule eficazmente entre sistemas diferentes ou entre equipos diferentes con demandas específicas. Para isto é preciso desenvolver a capacidade de traballar en equipo, tanto entre tradutores e intérpretes como entre profesionais e axentes con funcións diferentes dentro dun proceso de produción ou de mediación. |
A2 A3 A4 A5
|
|
C10 C12 C17 C21 C24 C27
|
D6 D7 D8 D9 D14 D19
|