Resolución de problemas |
A sesión de resolución de exercicios refírese a dúas modalidades: exercicios de tradución, estreitamente coordinados polo profesor, nos que a énfase irá posta nas etapas iniciais do proceso; e exercicios de sensibilización sobre temas diversos da antropoloxía das prácticas, nos que se lle pedirá ao alumnado que aplique o aprendido, nesta e nas demais materias. Os exercicios de tradución reproducirán situacións iniciais dunha encarga no medio profesional. Os exercicios de sensibilización irán vinculados aos aspectos teóricos explicados en sesións maxistrais. Deste xeito, enténdese que as sesións de resolución de exercicios conteñen unha dimensión teórica esencial, que será explicada polo docente aproveitando o contexto de cada exercicio.
A asistencia ás sesións de resolución de exercicios é requisito para a avaliación continua.
|
Estudo de casos |
Preséntaselle ó alumnado unha situación real de tradución ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que presenta. Na parte común da materia, o estudo de casos conduce a unha proba na que o alumnado ten que analizar unha situación en función das fontes e dos datos contextuais. |