Se se considerar preciso, haberá unha proba diagnóstica ó principio do curso que non contará na avaliación. -Avaliación continua As porcentaxes indicadas soamente se aplicarán nos casos en que o alumnado realice as dúas probas previstas (exame de preguntas obxectivas), entregue os exercicios prácticos e mailo traballo tutelado, é dicir, que opte pola avaliación continua. Se non se entregaren as probas, entenderase que se renuncia á avaliación continua. Importante: é condición para aprobar a materia a entrega dos exercicios, o traballo e a presentación ó exame. En cada proba establecerase un sistema de avaliación que se comunicará antes da súa realización. A nota final será a suma das notas obtidas en cada un dos apartados da avaliación. Non se establece ningunha nota mínima para superar ningunha das probas. Enténdese que para aprobar a materia hai que obter un 5 na suma de todas as probas ponderadas. O traballo tutelado poderá consistir na lectura dun libro. -Avaliación global O alumnado que se acolla ó sistema de avaliación global debe presentarse a un exame (100% da nota) sobre os 4 temas do temario na data oficial fixada pola Facultade. 2ª Edición das actas O alumnado que se acolla ó sistema de avaliación global debe presentarse a un exame (100% da nota) sobre os 4 temas do temario na data oficial fixada pola Facultade. O alumnado de avaliación continua que teña que se presentar a esta segunda edición das actas pode manter as notas obtidas na primeira edición. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. |