Esta materia ocúpase do estudo avanzado das relacións entre as sociedades anglófonas e as formas de representación da súa historia e interpretación na produción literaria no primeiro idioma estranxeiro, tal como se especificará no programa correspondente cada ano académico. Concíbese como continuación da formación crítica e literaria básica que o alumnado recibe nos primeiros cursos, que lle permita acceder á creación de criterios individuais para a súa formación humanística así como para profundar na súa competencia de análise de textos literarios no primeiro idioma estranxeiro.