Educational guide 2026_27
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Alemán
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Segundo idioma estranxeiro V: Alemán Código V01G181V01303
Titulación
Grao en Linguas Estranxeiras
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Alemán
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía inglesa, francesa e alemá
Coordinador/a
Corvo Sánchez, María José
Correo-e mcorvo@uvigo.gal
Profesorado
Corvo Sánchez, María José
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral É unha materia de seis créditos que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro curso do grao e que está concibida como un curso introdutorio ao nivel B1 do Marco Común de Referencia para as Linguas (MCER), como continuación da materia Segundo Idioma Estranxeiro IV, impartida no segundo cuadrimestre do curso anterior. O seu propósito é consolidar e expandir os coñecementos lingüísticos adquiridos nos niveis previos (A1 e A2), sentando as bases para un manexo autónomo do idioma: o seu obxectivo é construír unha base sólida de coñecementos gramaticais e estratéxicos que permita ao estudante comprender a maioría dos textos e conversas de nivel B1 (competencia pasiva ou receptiva), aínda que sen ter automatizado a produción oral e escrita. É dicir, ao finalizar, o estudantado será un ‘axente pasivo B1’: entenderá o alemán de nivel intermedio, pero necesitará máis práctica para se expresar con fluidez e corrección.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000