Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula.
Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas.
Cada estudante debe poder responsabilizarse do contido das súas entregas e de utilizar correctamente as fontes de información apropiadas.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
No que respecta ás ferramentas de Intelixencia Artificial, o seu uso debe ser ético e responsable. Se nunha tarefa avaliable hai indicios dunha utilización irregular ou abusiva de ChatGPT ou outras tecnoloxías semellantes, o profesorado da materia poderá esixir a repetición presencial da proba. |