Espérase que o alumnado faga as lecturas e tarefas solicitadas para poder participar activamente na clase.
O estudantado deberá consultar regularmente o seu correo electrónico e visitar a plataforma de teledocencia do curso (https://moovi.uvigo.gal). Os anuncios e cambios de última hora notificaranse a través da plataforma de teledocencia.
O alumnado deberá acceder regularmente ás fontes bibliográficas da biblioteca.
A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente. |