Esta materia ofrece unha introdución á riqueza e complexidade da cultura dos países de fala alemá, facendo fincapé na súa produción literaria, artística e histórica. O obxectivo do curso é realizar unha historia da cultura alemá usando como base textos comprensibles para un alumnado cun nivel inicial de A2.1+ de alemán, integrando así cultura e lingua nunha mesma aprendizaxe. Percorreránse períodos clave, desde os mitos fundacionais até a convulsa historia do século XX e a contemporaneidade, fomentando unha perspectiva comparativa co contexto español.