Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia seguindo o temario. |
Resolución de problemas |
Resolución de exercicios prácticos de fonoloxía e/ou actividades autónomas ou en pequenos grupos dirixidos baseados nos contidos teóricos da materia explicados previamente. Son complemento da lección maxistral. |
Seminario |
Orientación xeral para a resolución de actividades/problemas/exercicios, revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico, etc., é dicir, asesoramento sobre as actividades e contidos da materia e do proceso de aprendizaxe.
|
Prácticas con apoio das TIC |
Desenvolvemento de forma autónoma a través das TIC de exercicios/problemas ou outras actividades de aplicación da teoría a un nivel práctico. |