A materia revisa e reforza os coñecementos de lingua galega que posúe o alumnado, incidindo na aplicación práctica da norma lingüística adaptada á construción de manifestacións discursivas nos diferentes contextos comunicativos, tanto orais coma escritos. Para poder seguir a materia é necesario ter un nivel de lingua galega equivalente a B2.