Esta materia ocúpase da lingua instrumental centrándose no desenvolvemento das destrezas de 'Reading' e 'Writing'. Prestaráselle atención á comprensión e á expresión escrita, á cohesión, á coherencia, aos tipos de texto, aos aspectos retóricos e de organización, así como ao uso do vocabulario académico e a gramática a través de diferentes temas e textos. É recomendable posuír un nivel B1.2 para cursar a materia; ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel B2, segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas, para as destrezas de comprensión lectora e produción escrita.