Xa que as clases se imparten en lingua inglesa e inclúen a análise de textos literarios escritos nesa lingua en distintos periodos é aconsellable ter polo menos un nivel avanzado de inglés (equivalente a C1) para poder seguir a materia adecuadamente.
Aconséllase que o alumnado consulte regularmente a plataforma Moovi, xa que se utilizará para dar información básica sobre a materia, facer anuncios, achegar material, etc.
Recoméndase tamén facer uso dos recursos da biblioteca universitaria para a lectura dos textos seleccionados e a preparación das probas de avaliación. |