Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral
Exposición por parte do profesorado dos contidos da materia.
Resolución de problemas
Resolución de exercicios prácticos e/ou actividades dirixidas sobre os contidos teóricos da materia explicados previamente. Son complemento da lección maxistral.
Traballo tutelado
O estudantado, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia que será presentado previamente na aula.
Resolución de problemas de forma autónoma
Actividades nas que se formulan problemas ou exercicios sobre a materia. O alumnado debe analizar e resolver ditos exercicios de maneira autónoma fóra da aula.