É responsabilidade do alumnado manterse atento á plataforma Moovi para ter acceso á información sobre datas de probas, sistema de avaliación e datos relevantes sobre o desenvolvemento do curso. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A avaliación recomendada desta materia será continua, segundo o establecido arriba. A data de celebración das presentacións, será acordada coa alumnado na 2ª semana de clase (unha vez que o grupo estea constituído e consolidado) e terá lugar en horario de clase. A data de celebración das probas de resposta curta e longa terá lugar na data estipulada oficialmente no calendario de exames de maio. O alumnado que non concorra á avaliación continua será cualificado de acordo coa avaliación única, que constitúe o 100% da cualificación e será avaliado exclusivamente mediante un exame teórico e práctico celebrado na data estipulada oficialmente no calendario de exames de maio. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Calquera alumna/o de avaliación continua que, ó final de curso, non superase a avaliación continua/única (sexa por notas insuficientes ou por non cumprimento) terá dereito a un exame final na 2ª edición de actas (xullo) que constitúe o 100% da cualificación, exactamente nas mesmas condicións que o alumnado non asistente dende un principio. Ver Nota 1 e Nota 2. NOTA 1: En ningún caso se contemplarán vías de avaliación intermedias entre os dous sistemas de avaliación (continua/única). NOTA 2: Comezado o curso e obtidas as primeiras cualificacións no sistema de avaliación continua (presentación oral e proba curta), enténdese que este alumnado asume e acepta dito sistema para a 1ª edición de actas. Xa que logo, a nota final na materia no sistema de avaliación continua correspóndese coa suma total das calificacións obtidas, no caso de non terse presentado a unha das probas a cualificación será de 0 nesa proba. Caso de abandonar máis tarde o sistema de avaliación continua a/o alumna/o só poderá optar a ser cualificado na 2ª edición de actas (xullo). NOTA 3: O plaxio total ou parcial en calquera traballo de preparación autónoma suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento das implicacións do plaxio non eximirá ó alumnado da súa responsabilidade. O nivel de expresión lingüística para superar a materia deberá ser o apropiado para o nivel de 4º de grao. NOTA 4: Estas condicións de avaliación aplicaranse de forma idéntica ó alumnado ERASMUS, ISEP ou outro alumnado de intercambio que curse a materia. En atención ás competencias de materia e de titulación sobre valores democráticos e igualdade (competencias 1 e 2), non existirá ningún tipo de "discriminación positiva" cara ó alumnado de intercambio, calquera que sexan as súas circunstancias académicas na súas universidades de orixe. |