Nunha materia de análise fílmica e literaria coma esta, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda encarecidamente a presenza e participación na aula.
Do mesmo xeito, para superar esta materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como a nivel persoal. Lémbrase que a avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
Xa que as clases se imparten en lingua inglesa é aconsellable ter polo menos unha competencia linguística B2.2./C1 para poder seguir a materia con garantías. |