PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (DECEMBRO) 1a) Avaliación continua Para a avaliación continua computarán os seguintes 4 parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final): (1) Un exame parcial (25%) sobre os contidos teóricos e prácticos dos temas 1-3 da materia, incluíndo as lecturas obrigatorias. O exame terá lugar na sesión teórica da semana inmediatamente posterior á finalización do tema 3. A data será anunciada en MooVi e na aula coa debida antelación. (2) Un exame parcial (25%) sobre os contidos teóricos e prácticos dos temas 4-6 da materia, incluíndo as lecturas obrigatorias. O exame terá lugar na data, hora e lugar que figure no calendario oficial que aprobe a Xunta de Facultade. (3) Actividades puntuais (25%): resolución de exercicios, problemas, actividades ou controis puntuais que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero. (4) Un traballo escrito coa súa correspondente presentación oral (25%). Poderá ser un traballo individual ou en parellas,segundo anuncie a profesora. A data será acordada coa profesora coa debida antelación. É requisito para superar a avaliación continua acadar unha nota de alomenos 5/10 en cada un dos parámetros arriba mencionados. No caso das actividades/exercicios/problemas/controis, haberá que acadar unha nota media de alomenos 5/10 entre todos os entregables para poder superar aavaliación continua. De non cumprirse estes requisitos, non se aprobará a materia aínda que a nota media dos mencionados parámetros sexa 5 ou superior. 1b) Avaliación única O alumnado que non poida seguir a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora nos 15 primeiros días do curso. Estas/es alumnas/os serán avaliados en base a un único exame final que computará coma o 100% da cualificación. O exame abarcará todos os contidos explicados ao longo do cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias. A celebración do exame único terá lugar na data, hora e lugar que figure no calendario oficial que aprobe a Xunta de Facultade. (B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO) O alumnado que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á segunda edición de actas de xuño, na que será avaliado do programa completo en base a un único exame final. O devandito exame abarcará todos os contidos do programa, incluíndo as lecturas obrigatorias, e computará como o 100% da cualificación. No caso de que a/o alumna/o teña superado un dos dous exames parciais realizados no primeiro cuadrimestre cunha cualificación de 5/10 ou superior, gardaráselle a nota dese exame para a convocatoria de xuño e só terá que examinarse dos contidos correspondentes ao exame suspensa. O exame terá lugar na data, hora e lugar que figure no calendario oficial que aprobe a Xuntade Facultade. MOI IMPORTANTE - Só poderá facer os exames parciais o estudantado de avaliación continua que se presente/faga o resto das probas avaliables. - Non se poderá cambiar de tipo de avaliación (de única a continua, nin de continua a única) transcurridos os 15 primeiros días do curso. - Tanto na avaliación continua como na única terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso. - En caso de calquera tipo de plaxio (eg. copia total ou parcial de textos, copia doutras/os estudantes en exames/exercicios, etc.) nalgunha proba/traballo/actividade puntual, a cualificación final será de suspenso na materia nesa convocatoria. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto. Véxanse os artigos 40-42 do “Regulamento sobre a avaliación, a calificación e acalidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado” da UVigo. - Non se admitirán cambios de datas de exames, salvo de xeito excepcional e sempre que o cambio estea debidamente xustificado e sexa por causa de forza maior. O alumnado de intercambio deberá ter en conta as datas oficiais dos exames e planificar a súa estadía en Vigo en consonancia con esas datas. |