A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
Aviso importante para o alumnado de intercambio (Erasmus): o ensino de Lingua Portuguesa na Uvigo se dirixe a un alumnado que ten as linguas galega e/ou castelá como linguas maternas, de maneira que a progresión habitualmente é rápida. Non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña ou un nivel B1 nestas linguas e un A2 alto (como mínimo) en Lingua Portuguesa matricularse nesta materia. |