Para poder seguir esta materia adecuadamente, recoméndase un nivel B1 na lingua francesa.
Convén lembrar sempre que nas materias de literatura é importante mostrar curiosidade non só cara aos textos de lectura obrigatoria senón tamén cara ás producións artísticas relacionadas cos mesmos.
Convén tamén insistir na importancia do traballo regular e a participación activa en clase.
NOTA BENE : É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar |