Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Cultura científica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral 70
Traballo tutelado 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia será a partir de dous apartados:

Sesión de aula: Terase en conta a asistencia a clase
(mínima do 80%) para acadar unha puntuación de 6 sobre 10.

Traballo tutelado e presentación do mesmo: A entrega dun
traballo, sobre lista de temas relacionados coa materia, realizado por ata un
máximo de tres persoas, contará ata un máximo de 3 puntos (sobre 10). As
características particulares, normas de estilo, prazos de presentación etc.,
serán decididos ao inicio do curso. A presentación de dito traballo, durante a
hora de avaliación e debate de avaliación, reservada na materia, contará ata un
máximo de 1 punto (sobre 10).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000