Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Pilates sénior
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas clases teóricas combinarase a explicación inicial do docente do tema a tratar co fomento da participación activa do alumnado mediante diversas actividades onde será manexada documentación escrita e/ou audiovisual.
Prácticas de laboratorio A parte práctica da materia comporase por bloques para explicar unha serie de exercicios do método Pilates e realizar unha clase de Pilates.
Polo tanto, por unha parte, combinarase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada dos exercicios que compoñen o método Pilates, onde o docente explicará e demostrará como se realizan os distintos exercicios, e, por outra, coa realización de unha clase práctica que, pouco a pouco, o alumnado a vaia interiorizando para tela como base para a autorrealización en casa e á marxe das clases.
Resolución de problemas de forma autónoma Mediante a combinación da metodoloxía demostrativa e a análise razoada dos exercicios que compoñen o método Pilates, pouco a pouco, o alumnado irá tendo unha base para a autorrealización na casa e á marxe das clases.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000