Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Historia e estética do cinema II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver.
Obradoiro Actividade enfocada á adquisición de coñecementos procedimentais, habilidades manipulativas e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do docente ás actividades individuais e/ou en grupo que desenvolven os/as estudantes.
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos nun contexto determinado e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais en relación coa materia a través das TIC.
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Aprendizaxe colaborativa Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa propia aprendizaxe.
Flipped Learning Algunhas actividades de aprendizaxe realizaranse de forma autónoma, e coa presenza do docente facilitaranse e potenciaranse outros procesos de adquisición e práctica de coñecementos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000