Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Ciencia e vida. Experiencias desde a vivencia
   Recomendacións


 
Outros comentarios
O curso levarase a cabo dunha maneira teórico-vivencial con debates e proxectos de investigación desenvolvidos e pendentes de desenvolver polo alumnado. No módulo iranse abordando os temas a medida que vaian xurdindo, de maneira natural e calmada, analizando, sintetizando, diagramando, xogando coas ideas como a vida mesma. Os temas que se presentan son orientadores da discusión, pero nin son os únicos nin quizais sexan, en últimas, os que se aborden. Son situacións que nos guían no proceso investigativo de que é ou pode ser a investigación encarnada. Traballarase a partir das vivencias e experiencias de vida do estudantado, documentos lidos, escritura creativa e deseños de propias investigacións e reflexións sobre a vida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000