O alumnado debe superar con éxito as restantes materias do programa (incluídas as da especialidade que elixa) antes de proceder á defensa do TFM.
A elaboración e defensa do TFM poderá realizarse en castelán ou en galego, a elección do alumnado. Ademais destes, permitirase a elaboración e defensa do TFM en inglés a aqueles alumnos que así o desexen e acrediten posuír un nivel equivalente ao B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
A avaliación do TFM (tanto da memoria como da presentación e defensa) levará a cabo por parte dun tribunal nomeado pola Comisión Académica do Máster e constituído por profesorado do programa e/ou profesionais alleos ao mesmo que desenvolvan o seu traballo no ámbito temático do máster.
Recoméndase consultar a Normativa de Traballo de Fin de Máster, na que se especifican outros aspectos de interese sobre a matriculación, natureza da proposta, mecanismos de depósito e avaliación do traballo, etc. |