Esta materia persegue dotar ao alumnado dunha formación sobre os conceptos fundamentais asociados á arquitectura, deseño, administración, análise, monitorización e despregamento de infraestruturas informáticas avanzadas como clusters de computación, sistemas virtualizados, computación na nube, sistemas de alta integridade, sistemas de tempo real e sistemas encaixados.
As clases de aula utilizaranse para a introdución dos conceptos teóricos, que se complementarán con traballos de investigación que permitan profundar en aspectos concretos do temario.