Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
Manteranse todas as metodoloxías, substituíndo as presentacións de traballos ou a realización de prácticas presenciais por presentacións mediante videoconferencia e a realización das prácticas en máquinas virtuais instaladas nos computadores dos alumnos.
As titorías, seminarios, e as leccións maxistrais realizaranse mediante videoconferencia utilizando a plataforma seleccionada para o máster.
ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN:
Manteranse os mecanismos de avaliación, realizándose co apoio das plataformas de videoconferencia e de teledocencia. |